Presentacións de “Fóra de foco”, a nova novela de Cristina Pato

(Foto de Brais Lorenzo / EFE)

Cristina Pato está inmersa na xira de presentación de Fóra de foco, a súa segunda novela, publicada por Editorial Galaxia. Durante os meses de xuño e xullo percorrerá diversas cidades de Galicia (Ourense 16/6, A Coruña 19/6, Santiago de Compostela 20/6, Vigo 1/7 e Pontevedra 5/7) para compartir esta nova obra literaria que reflexiona sobre a vida moderna e as súas tensións, a relación entre o público e o privado, e a soidade. Acompañada no camiño polos escritores Juan Tallón, Dores Tembrás, Víctor F. Freixanes e Francisco Castro.

Fóra de foco está xa dispoñible nas librarías.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.