Mirando atrás: Bótalle unha ollada a este video que creamos para recapitular a viaxe de Cristina no 2021, e que inclúe imaxes da iniciativa ESENCIAIS e música en directo dun concerto coa cantante Rosa Cedrón.
Seguindo cara adiante: Cristina está agora centrada nas súas iniciativas de docencia e aprendizaxe, na súa escritura e no seu traballo na intersección entre as artes e a sociedade. Neste momento atópase na Universidade de California, Santa Barbara, traballando coma a Arnhold Distinguished Visiting Artist in Residence, e co impartindo a súa clase colaborativa de Memoria e Migración cos seus colegas o neurocientífico Kenneth S. Kosik, e a artista Kim Yasuda.
Cristina tamén continúa a súa colaboración co xornal La Voz de Galicia, escribindo unha popular columna semanal.