Do 23 ao 25 de Setembro, Cristina estará no College of the Holy Cross presentando My Lethe Story, como parte da iniciativa Arts Transcending Borders.
Segundo a propia páxina do College of the Holy Cross:
Neste concerto e debate, á Artista Residente Cristina Pato uniráselle o compañeiro do Silk Road Ensemble Shane Shanahan, o renomeado clarinetista Todd Palmer e músicos do A Far Cry de Boston. Docentes de CreateLab, un innovador experimento pedagóxico e un dos froitos da iniciativa Arts Transcending Borders, compartirán as súas percepcións sobre as interrelacións entre tempo, memoria e identidade. O programa inclúe “My Lethe Story” de Cristina Pato e “The Dreams and Prayers of Isaac the Blind” de Osvaldo Golijov. Pato tece a súa Galicia natal e o mítico Lethes, o Río do Esquecemento, nunha poderosa historia sobre a pérdida de memoria dun ser querido. Inspirado polo gran rabino cabalista Isaac el Ciego, a obra de Golijov é unha meditación sobre a vida, o Xudaismo e a musica — a forma primordial de expresión humana “co poder de construir castelos de son nas nosas memorias.”
A continuación podes atopar o programa das actividades de Cristina nesta residencia:
Martes, 23 de Setembro │19:00h
TIME, MEMORY, IDENTITY
Actuación e Debate
Brooks Concert Hall, College of the Holy Cross
Cristina Pato, gaita, piano e voz. Todd Palmer, clarinete
Shane Shanahan, percusión.
Músicos de A Far Cry
O panel de debate incluirá:
Renée Beard, Profesor Asociado, Departamento de Socioloxía
Mark Freeman, Profesor e Secretario, Departamento de Psicoloxía
Cristina Pato, Artista Residente de Arts Transcending Borders
e Charles S. Weiss, Director, Initiativas Estratéxicas e Relacións Corporativas e da Fundación
PROGRAMA:
Cristina Pato: My Lethe Story, The River of Forgetfulness Osvaldo Golijov: The Dreams and Prayers of Isaac the Blind
Mércores, 24 de Setembro │8:30h
MUSICA DE ESPAÑA: Actuación e obradoiro con estudantes.
Cristina Pato e Shane Shanahan – Worcester Arts Magnet School
Xoves, 25 de Setembro│18 – 20:00h
INICIATIVA EMPRESARIAL CULTURAL: Na intersección entre os negocios e as artes. Charlas coa Artista Residente Cristina Pato
Hogan Center – Suite A, College of the Holy Cross
Que é a iniciativa empresarial cultural? Consigue experiencia práctica neste obradorio conducido por Cristina Pato – artista independente e fundadora do festival anual Galician Connection.
Podes ler máis na web del College of the Holy Cross e na súa páxina de Facebook. Ademáis, non te perdas o video promocional!