A nova novela de Cristina Pato, publicada en xuño de 2025, xa vai pola súa segunda reimpresión grazas á boa acollida da prensa e dos lectores. Neste libro, Cristina reflexiona sobre a relación entre a vida persoal e a profesional, entre o público e o privado, e tamén sobre a soidade.
Durante o verán presentou a novela nas Feiras do Libro e en librarías de Ourense, Vigo, A Coruña, Santiago, Pontevedra, Monforte e Betanzos, ademais de compartila no festival literario Entreverbas.
Ao mesmo tempo, Cristina continúa co seu traballo na intersección entre as ciencias e as humanidades a través das artes. Este ano colaborou de novo coa pediatra e música Lisa M. Wong no curso de verán da Universidade de Harvard: The Intersection of Art and Medicine: An Experiential Approach.