Cristina pasou a primeira semana de abril en Oxford, Reino Unido, onde participou no Skoll World Forum 2017. O Skoll World Forum sobre Emprendimiento Social é a principal plataforma internacional para o avance de enfoques e solucións empresariais aos problemas máis acuciantes do mundo. Cristina actuou co seu compañeiro membro do Silkroad Kinan Azmeh na Sesión de Clausura, cuxo Mestre de Cerimonias foi Stephan Chambers, director do Marshall Institute da London School of Economics, e que tamén incluiu unha sesión de Preguntas e Respostas con Anya Grundmann, vicepresidente da National Public Radio (NPR) (ver foto enriba). Cristina participou tamén como oradora, con John Hadfield, Roberto Comesaña e Kyle Sanna.