SOAS, reunidas de novo para un concerto especial para a TVG (Televisión Pública de Galicia)

A cantante e cellista Rosa Cedrón e a pianista e gaiteira Cristina Pato únense de novo como SOAS, dez anos depois do seu proxecto conxunto. Por invitación da CRTVG (Corporación Radio e Televisión de Galicia), e en colaboración con Senén Bernárdez, crearon un concerto único, en San Domingos de Bonaval, cun repertorio que viaxa a través dalgúns dos grandes clásicos da música e da literatura galega, así como doutras obras do repertorio universal. Un concerto íntimo no que as dúas artistas quixeron compartir o abano de sensacións e emocións vividos durante estes tempos. Un xeito de homenaxear á sociedad galega e de amosar o incríble poder da música nas nosas vidas.

O concerto emítese o sábado 6 de xuño ás 15:30h na TVG, e tamén está xa dispoñible na web da CRTVG.

1 Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.