A primeira novela de Cristina No día do seu enterro, publicada pola Editorial Galaxia en abril do 2022, está xa na súa 3ª edición/impresión. Desde o ano 2020, a vida profesional de Cristina está centrada na docencia, na escrita e na producción, dedicando a meirande parte do seu tempo a impartir aulas e conferencias en diferentes institucións, entre elas a Universidade de California, Santa Bárbara onde traballa como Arnhold Visiting Professor (con Dr. Ken Kosik e Kim Yasuda), e a iniciativa Mind Brain Behavior da Universidade de Harvard onde colabora coa Dra. Lisa Wong para o seu seminario “Creativity at the Edge”. Cristina continúa escribindo a súa columna semanal para La Voz de Galicia ademáis de colaborar con outras publicacións como escritora invitada.
Bótalle unha ollada a este vídeo que editamos como recapitulación do 2022. Inclúe imáxenes da xira de presentación da novela, así coma imaxes dalgúns eventos producidos por Cristina (Yo-Yo Ma’s Day of Action en Madrid), momentos musicais (Chicago Symphony Orchestra) e momentos de aprendizaxe e docencia tanto nos EUA coma en España…
O 2022 ten sido un ano de fermosas sorpresas, un ano de gratitude infinita!