O 9 de febreiro, en colaboración co Consello da Cultura Galega e a Secretaría Xeral de Emigración, Cristina actúa na presentación da exposición “Os Adeuses. Fotografías de Alberto Martí (The Farewells. Photographs by Alberto Martí). na histórica Ellis Island, a porta de entrada aos EUA para millóns de inmigrantes até 1954.
A mostra ten lugar no Ellis Island National Museum of Immigration, e presenta unha selección de 50 fotografías de Alberto Martí sobre o éxodo migratorio galego cara a América entre os anos 1957 e 1963 dende os portos da Coruña e Vigo.
Cristina está tamén a colaborar co Consello no seu proxecto sobre a “Nova Diaspora”.