O proxecto de Cristina de Gaita e Orquestra adxudicouse unha bolsa da organización norteamericana New Music USA.
Este proxecto é a materialización do soño de Cristina de construir un repertorio para gaita e orquestra. Nos últimos anos nos EE.UU., Cristina xa tivo moitas ofertas de orquestras para realizar colaboracións, así que decidiu iniciar unha rolda de encargas co fin de crear un repertorio que combinara as súas dúas paixóns: a música tradicional e a música clásica e a súa experiencia en ambos os dous campos. Para axudala neste desafío, Cristina escolleu ós compositores Octavio Vázquez, Emilio Solla e David Bruce.
Con este novo pulo ao proxecto, Cristina confía en presentar as novas pezas para gaita e orquestra nun periodo de dous anos. Un dos concertos está xa de feito programado para ser estrenado en Barcelona (coa Orquestra Simfònica del Vallès) e Chicago (coa Chicago Sinfonietta) a vindeira tempada, e Cristina xa está en conversacións para estrenar os outros dous.
Nos seus 15 anos de carreira en solitario, Cristina ten colaborado con orquestras como a Chicago Symphony, The World Orchestra ou a Orquesta Sinfónica de Galicia.