Universidade de Princeton e Celebrity Series de Boston

O 28 de marzo Cristina actuará en liña para o ciclo de concertos da Universidade de Princeton. O espectáculo virtual contará cunha nova colaboración, a da arpista Bridget Kibbey. O programa inclúe o fermoso arranxo de Begoña Riobó da cantiga galego-portuguesa do século XIII “Ondas do mar de Vigo”.

E a partir do 21 de abril, Celebrity Series de Boston contará co concerto a dúo de Cristina co acordeonista Roberto Comesaña como parte das súas Digital Stave Series.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.