Durante o mes de Xuño Cristina formará parte da selección da National Public Radio de EEUU na súa orixinal serie Tiny Desk Concerts, tocando co seu trio. Ademáis participará no mítico programa da radio pública WNYC Soundcheck esta vez co seu cuarteto. Ademáis da atención mediática este mes é un mes importante para a gaiteira pois recibirá o premio Trasalba a finales de Xuño. Este premio, un dos máis importantes da sua Galicia natal, premia a súa labor de internacionalización da cultura galega.
Entre as paradas do mes de Xuño encontranse o Festival das Ideas de Aspen Colorado, con Yo Yo Ma, Lil Buck e Damian Woetzel, a conferencia do programa educativo do Comité Presidencial das Artes de EEUU, no que Cristina xa colaborara anteriormente; a súa participación como artista no Clearwater Revival Festival no río Hudson e a súa colaboración coa conferencia multidisciplinar On Cue en Boston.