Cristina continúa a súa colaboración co fenómeno do Memphis Jookin o bailarín Lil Buck. O 25 de outubro actuaron no Granada Theatre en Santa Barbara (California), e a primeira semana de novembro atoparánse de novo para participar no Vail Dance Festival: ReMix NYC, dirixido por Damian Woetzel, que terá lugar no New York City Center entre o 3 e o 6 de novembro.
Cristina foi tamén destacada na portada da edición de Outono 2016 da revista da Mason Gross School of the Arts, a súa alma mater, con ocasión dos seus 10 anos como membro do Silk Road Ensemble de Yo-Yo Ma. Podes ler a entrevista aquí (pdf, inglés) →
Por outra banda, a actuación de Cristina na Catedral de Mondoñedo foi un grande éxito, con longas colas de xente para ver o histórico concerto. Aquí van algunhas imaxes: