Cristina atópase actualmente en España para a súa Xira de Verán. Xa actuou no Festival Castilla Folk en Burgos o pasado día 30 de xuño (ver imaxe do periódico local Diario de Burgos cubrindo o concerto) e a xira inclúe un concerto na XXXI Edición do célebre Festival de Ortigueira. Un dos festivais folk máis importantes de toda Europa (con asistencias de máis de 80.000 persoas), terá lugar entre o 16 e o 19 de xullo, e incluirá artistas da talla de Budiño, Sharon Shannon, Xabi Aburruzaga, Finnegan-McSherry Project ou Capercaillie.
O concerto de Cristina está programado para o venres 17 ás 23:30.
Por outra banda, Cristina participará tamén no programa especial do Día de Santiago da TVG, o 25 de Xullo.