Arte, sociedade, idade e estereotipos
Laboratorio de creación e pensamento

Unha iniciativa de Cristina Pato e Xaime Fandiño
En colaboración con Cunde e a Oficina Galega de Outros Asuntos do Movemento

Sobre o proxecto

Esenciais 20/50 é un laboratorio de creación e pensamento que xira ao redor da arte, a sociedade e a idade. O obxectivo desta iniciativa, creada por Cristina Pato e Xaime Fandiño en colaboración con Cunde e a Oficina Galega de Outros Asuntos do Movemento, é que os participantes reflexionen e aprendan sobre os estereotipos e os diferentes xeitos de envellecer.

A iniciativa pretende crear un espazo para o diálogo, a reflexión e a creación integrando a persoas de diferentes idades. Con este foco interxeracional, nace a súa programación, centrada nunha serie de obradoiros interdisciplinares que acollerán participantes de diferentes xeracións, oficios e vidas creando con eles espazos de interacción arredor de procesos artístico-pedagóxicos vivenciais.

O resultado destes obradoiros reflíctese no evento cume de “Esenciais 20/50”: unha mostra escénica que conta coa colaboración dun equipo de artistas que inclúe a Marina Oural e Ugia Pedreira (Oficina galega de outros asuntos do movemento), a poeta Eva Veiga, a improvisadora oral e docente Alba María, a improvisadora e compositora Chefa Alonso, a cantante e compositora Wöyza, e o grupo interxeracional Deteriorados. Os protagonistas desta obra son as historias de vida e experiencias dun grupo de persoas que están a afrontar o envellecemento de xeitos diferentes, xerando un espazo común entre público e participantes da mostra.

Esenciais 20/50 nace coma unha resposta cultural ao fenómeno do idadismo, un termo acuñado polo xerontólogo norteamericano Robert N. Butler que o definía coma «a discriminación sistemática contra as persoas pola súa idade», unha discriminación a nivel social e institucional, que se manifestou con máis forza que nunca durante a pandemia do coronavirus.

Sobre o nome

No ano 2019, o periódico El País publicaba unha reportaxe na que definía a Ourense coma “o epicentro da Europa avellentada”. Nese artigo citábase ao profesor da Universidade de Vigo, Alberto Vaquero, dicindo que “Ourense ten hoxe os perfís demográficos da UE en 2050”. E desa idea, do feito de que a provincia vai por diante nesta histórica carreira demográfica, nace o nome deste proxecto, Esenciais 20/50, cuxa intención é crear un espazo para o diálogo, a reflexión e a creación cun sector da sociedade do que aínda temos tanto que aprender.

Calendario "Esenciais 20/50" – Ourense 2021

Cartel Esenciais 20/50

Decembro 2021:

Venres, 3 de decembro 2021:

  • Presentación á prensa de Esenciais 20/50.
    Ubicación: El Liceo de Ourense
  • Obradoiro de improvisación oral con Alba María e alumnos do IES As Lagoas.
    Ubicación: Biblioteca do IES As Lagoas

Xoves 16 e Venres 17 de decembro

  • Obradoiro de creación escénica con artistas e colaboradores. Dirixido por Marina Oural e Chefa Alonso.
    Ubicación: Universidade de Vigo, Campus de Ourense

Sábado 18 de Decembro:

  • Celebración de “Esenciais 20/50: Arte, sociedade, idade e estereotipos”.
    Laboratorio de creación e pensamento

    Mostra escénica coa participación dos músicos Alba María, Chefa Alonso, Wöyza, a banda interxenarcional Deteriorados, a poeta Eva Veiga, alumnos do IES As Lagoas e as experiencias vitais de Dosia González Gómez, Maruxa Lorenzo Selas, Chefa Alonso, Xaime Fandiño e José Piñeiro.

    Ubicación: Teatro Principal de Ourense
    Horario: 20h
    Entradas: entradas.ataquilla.com

Equipo “Esenciais 20/50”:

Outros colaboradores:

  • José María Failde Garrido
    (UVigo - Ourense). Secretario da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría.
  • David Facal
    (USC). Coordinador do Máster de Psicoxerontoloxía da USC.
  • Raquel Pato
    IES As Lagoas. Equipo de dinamización lingüística. Equipo da Biblioteca.

Artistas e colaboradores de escena:

  • Alba María. Improvisadora oral e docente
  • Chefa Alonso. Zahorí de novos e vellos sons. Improvisadora, compositora e docente.
  • Wöyza. Cantante, letrista, produtora e vocal-coach
  • Jose Piñeiro. Activista e defensor das persoas maiores como presidente de Asogapen e Cogama.
  • Maruxa Lorenzo Selas
  • Dosia González Gómez
  • Eva Veiga. Poeta
  • Alumnos do IES As Lagoas
  • Deteriorados. Banda Interxeneracional de Country e Blues Heroico. (con Xaime Fandiño, Laura Villanueva, Alfonso Rodríguez “Chimay”, Héctor R. Tellería, Iria Iglesias) www.deteriorados.com

AGRADECEMENTOS

  • Universidade de Vigo
  • Fundación Carasso
  • Teatro Principal de Ourense
  • El Liceo de Ourense

NOTA DE PRENSA: Galego - Castelán