La Voz de Galicia – 9 de abril, 2021 →
Tiña un tema luminoso, cheo de matices. Un tema co que ía reflexionar sobre o poder de apartar esas emocións e pensamentos que nos fan sufrir, con ou sen causa aparente. Un tema para afastar a tristura, para abrazar a beleza. Para celebrar que, a pesar de todo, aquí estamos, preparados para o seguinte capítulo dunha historia que nunca imaxinamos nosa. Pero de súpeto, o tema desta columna, ese que ía zumegar algo de luz polo menos mentres a escribía, esfumouse. E agora non o atopo. Nin o tema nin a emoción ligada a el.
Á volta do supermercado decidín volver polo camiño máis longo, o que me fai pasar por un parque. Parei alí, co meu carriño da compra cheo, sentei nun banco e quedei mirando para as flores, que estaban fermosas, cheas de cor. Pasou a miña veciña, a que pasea os cans doutros veciños, e parouse a falar comigo. «E este quen é?», preguntei eu, ao que ela me respondeu: «Este é Charlie, o can máis alegre do barrio». Quedei mirando para Charlie, o can feliz, e a verdade é que me fixo sorrir. Pero pronto tirou da miña veciña para marchar, e con el marchou medio sorriso. Igualmente pensei que entre o can, as flores e unha interacción humana collera suficiente enerxía para seguir co día, e decidín levar esa sensación para a casa coa intención de utilizala para escribir esta columna.
Pero as emocións teñen vida propia. E de camiño á casa esfumouse tamén ese pequeno momento de beleza. E esoutra emoción, á que aínda non lle puxen nome, apareceu de novo; e coma un bloque de cemento gris e pesado, esmagou a imaxe das flores que tiña na miña cabeza… É cousa miña ou é que agora nos custa máis aferrarnos a eses momentos que nos fan sentir ben?
As a wise man once said; «You have two animals on your shoulders, a good one, and an aggressive monster». «The one you feed is the one to grow».
But these days it is hard to keep the good Thoughts on top. Time, and sorrows on our hands, so…