Cristina Pato

www.cristinapato.com

Cristina PatoCristina Pato é música, escritora, educadora e produtora. Aclamada como “unha virtuosa explosión de enerxía” por The New York Times, a súa vida profesional está dedicada á interpretación e á docencia que explora o rol das artes e das ciencias na sociedade.

Ademais do seu traballo como músico, Cristina ten traballado como artista residente e profesora asociada na Universidade de Harvard, na Universidade de Nova York (NYU) e na Universidade de California Santa Barbara, onde creou un curso interdisciplinario sobre memoria xunto co neurocientífico Kenneth S. Kosik e a artista Kim Yasuda. Ademais traballou como Asesora de Educación de Silkroad, a organización fundada polo violonchelista Yo-Yo Ma co que tamén colabora coma produtora independente no ámbito social do seu Bach Project.

Cristina é a fundadora do festival Galician Connection e escribe unha columna semanal para o periódico La Voz de Galicia. No ano 2020 gañou o XVII Premio Afundación de Periodismo Fernández del Riego polo seu artigo Realidades Paralelas e o Premio Artista Comprometido outorgado pola Fundación Daniel e Nina Carasso.

Cristina divide o seu tempo entre Nova York e Galicia e está casada co fotógrafo Xan Padrón.

Xaime Fandiño

www.xaimefandino.com

Xaime FandiñoLicenciado en Xornalismo e Doutor en Comunicación, foi profesor de titular do Grao en Comunicación Audiovisual das Universidades de Vigo e Santiago, así como Decano da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da UVigo; xefe de Realización na TVG, realizador e director de diferentes programas de televisión ("A tumba aberta", "Chambo", "Servicio de Urxencias", "Velaí", "Unha de Romanos"...), Premio Mestre Mateo á mellor produción documental por "Vivir en Manhattan", Director do Máster en Industria Musical da USC e Xefe da Cátedra de TV e Novos Medios da EICTV en Cuba. Ten publicadas diversas monografías así como participado en congresos e estadías de investigación en Europa, América e África.

Desde a xubilación traballa en proxectos relacionados co envellecemento e a interxeracionalidade, tales como DETERIORADOS - Innovación Social Interxeracional, co que, a través da arte, a música e a comunicación promove un envellecemente activo alonxado dos estereotipos e a discriminación idadista.

É Máster en Filosofía pola USC co TFM "O Ghetto Cronolóxico" Unha aproximación ao envellecemento dende unha óptica interxeracional". Foi o galego seleccionado a nivel estatal no programa de emprendedores senior Imparables de Aquarius, dixirido a persoas de máis de 60 anos.

Oficina Galega de Outros Asuntos do Movemento

facebook.com/AOficinaMOV

Cristina PatoA Oficina Galega de Outros Asuntos do Movemento é unha asociación do nordeste da Galiza dirixida pola poeta, docente, performer e produtora cultural Marina Oural e pola psicóloga, cantora, escritora e compositora Ugia Pedreira. Sumando sempre outras complicidades de xeografías e ámbitos diferentes, producen ou acompañan accións de arte-saúde desde o rural. A arte escénica e o ámbito social son a materia principal para desenvolver proxectos ligados á pedagoxía e á composición de novas creacións artísticas, con temáticas simultaneamente locais e contemporáneas.

Marina Oural. Técnico en Relacións Públicas, docente, escritora e activista cultural. Fundadora do primeiro gabinete especializado en Galicia (Atana, A Coruña 1993-2009). Impulsora desde a aldea natal de proxectos educativos e artísticos con equipos multidisciplinares: terra, poesía, danza, música, arte plástica. Socia e co- fundadora da Oficina Galega de Outros Asuntos do Movemento (2010-actualidade). Practicante de CI_ContactImprovisation e T. Morfoanalítica.

Ugia Pedreira. Compositora de cancións. Cantora. Escritora. Piscóloga. Activista Cutural. Co-creadora e ex-directora do Centro Galego de Música Popular (CMTF Lalín, aCentral Folque. Socia e co- fundadora da Oficina Galega de Outros Asuntos do Movemento (2010-actualidade). Practicante T. Morfoanalítica e observadora de Abm Feldenkrais.

Cecilia Carballido / CUNDE

www.cunde.gal

Cecilia CarballidoProfesional do deseño, xestión e produción de proxectos culturais. Empeza a traballar no sector teatral no ano 1999; dende entón a súa experiencia desenvólvese tanto na empresa privada como na administración pública ata o día de hoxe que xestiona o seu propio proxecto empresarial: CUNDE SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA.

O transcurso da súa experiencia laboral, que iniciou como parte do equipo de algunhas das compañías de teatro máis recoñecidas no ámbito autonómico hai máis de 20 anos, avanzou de maneira gradual incurrindo no sector da produción musical como membro do equipo de Nordesía Producións entre o ano 2002 e 2007.

Despois de varios anos de experiencia no sector privado, toma as rendas da xefatura de produción da AGADIC (antigamente IGAEM) cargo que ostenta entre 2007 e 2010.

Tras esta experiencia no sector público tamén prestou os seus servizos para o organismo autónomo Auditorio de Galicia e de nuevo regresou ó equipo de Nordesía como xerente da empresa durante o ano 2011. Dende entón son amplias as colaboracións por proxectos que desenvolveu con diversas empresas facéndose cargo da creación e coordinación de proxectos multidisciplinares de distintos ámbitos dentro do sector cultural. Sen abandonar a súa relación coa produción teatral xa que traballou como parte do equipo da compañía Voadora neste período entre 2012 e 2015.

Dende 2015 está ao frente do seu propio proxecto xunto con varios compañeiros de profesión e canaliza a través de CUNDE a súa especialización en xestión integral de produción de eventos, especializándose en ferias nacionais e internacionais (Womex, Conecta Fiction, Culturgal, Galicia Escena Pro) así como en festivais (Atlantic Fest, Festival Alguén que Respira, Ikfem), ciclos e programacións de diversa índole centrando os seus cometidos na análise, selección e coordinación de equipos técnicos e artísticos.

Laura Villanueva

Laura VillanuevaComunicadora audiovisual especializada en xestión cultural e produción. Cursou o grao en Comunicación Audiovisual e o Curso de Experta Universitaria en Xestión Cultural na Universidade de Santiago de Compostela. Ten desenvolvido múltiples actividades artísticas e creativas relacionadas coa música, a danza contemporánea, a interpretación, o teatro musical e o sector audiovisual. Entre outros eventos artísticos destacan a xira como intérprete na compañía de danza contemporánea Pisando Ovos, de Rut Balbís, co espectáculo Directo 9, así como a participación como vocalista en distintas formacións musicais: Deteriorados & Company, Liridade Noctâmbula ou a banda Xeración Xabarín nos Premios Mestre Mateo 2016. Traballa no ámbito da xestión e a produción de proxectos e eventos culturais, tales como a produción do ciclo de concertos Os Sons do Mar, a coordinación de proxectos culturais e educativos dende O Ferrado Cultural, ou a colaboración na rexiduría da gala dos Premios Iris 2019. Participa activamente de maneira altruista en iniciativas sociais como o festival solidario Nos Seus Pés e o proxecto de Innovación Social Interxeracional - DETERIORADOS, dende o cal coordina diferentes propostas artísticas e de comunicación relacionadas co empoderamento da vellez, a erradicación do idadismo e a defensa dun envellecemento activo e interxeracional.

Chefa Alonso

chefaalonso.wordpress.com

Chefa AlonsoChefa Alonso, saxo soprano e percusión. Compositora, improvisadora e docente.

É doctora en Performing Arts pola Universidade de Brunel (Londres, 2007) e licenciada en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (A Coruña). Publicou os libros: Enseñanza y aprendizaje de la improvisación libre. Propuestas y reflexiones (Madrid, 2014, Editorial Alpuerto) e Improvisación libre. La composición en movimiento (Pontevedra, 2008. Editorial Dos Acordes).

Foi elexida polo Centro de Arte Reina Sofía para achegar a arte e a creación a un grupo de escolares con discapacidade intelectual, durante o curso 2019-2020, en Madrid, nun proxecto de sensibilización artística (Malezas). Xunto á bailarina Raquel Sánchez crea Bailar el agua, proxecto de creación e improvisación escénica interdisciplinar dirixido a persoas con discapacidade intelectual.

Compón música para un gran número de espectáculos teatrais, de danza, poesía, circo, audiovisuais e documentais, ademais de realizar unha importante actividade docente, impartindo obradoiros de improvisación a músicos, actores, bailaríns, tanto en España como en Latinoamérica… e dirixindo orquestras de improvisadores como a Orquestra de Improvisadores de Viena, OMEGA (Orquestra de Música Espontánea de Galicia), Foco (Orquestra de improvisadores de Musicalibre) ou Entenguerengue (Orquestra de improvisadores de Andalucía). Crea e dirixe a Orquestra Carníval e a orquestra en Tránsito. É cofundadora de Musicalibre e organizou durante varios anos o Festival Internacional de Improvisación Hurta Cordel, en Madrid.

Realiza a dirección musical de Circo Interior Bruto, un espectáculo de circo contemporáneo español (estrenado en Amiens, Francia, abril 2015) e de Al Filo 2011 y 2012, maratón de circo contemporáneo, producido por Escena Contemporánea e o Circo Price.

Colabora con poetas como Chantal Maillard (Matar a Platón), Olvido García Valdés, Víctor M. Díez, Rocío Cerón (México), Marina Oural (Juana Inspiraciones, Rosas Negras, Maleducadas), Flor Guerín (Colores para un amante ciego).

Creadora e compositora de Akafree.

Sofía “Wöyza”

www.woyza.com

Sofía “Wöyza”Wöyza é unha cantante, compositora e produtora de soul, vinculada á escena hiphop dende 2003. O seu primero álbum "Pisando el suelo que ves" posicionouna como unha das máximas referencias nol R&B de fala hispana. Co seu segundo traballo "Pelea" volveu ós escenarios para levar a súa música ao mundo enteiro, en festivais en New York, Zurich, Casablanca, París, Lorient, Lisboa, Porto, México DF… nas cidades máis importantes da península ibérica. Colaborou con artistas como Nach, Rapsusklei, Marco Polo (Canadá - EEUU), Orion XL (Arxentina), Kultama, LUC (Polonia) Dealema (Portugal) Mind da Gap (Portugal), Cristina Pato, Carlos Núñez, Capicua (Portugal) entre outros.

Autoedita “Tábula Rasa” en 2019, uhna triloxía video-musical que novamente alcanza unha gran repercusión, aínda que non é ata este ano en 2021 que lanza dous novos singles: “Ya no estás” coa colaboración do guitarrista Antonio Casado e “Cómo Sería” xunto a Nach, co que consigue máis de 800.000 visualizacións en plataformas dixitais e posicionarse durante unha semana en tendencias de youtube.

No vran de 2018 forma a banda “Wöyza & The Galician messengers” para representar a Galicia no Musseum SuferFest en Frankfurt. Formado por distintos artistas recoñecibles do panorama galego como High Paw, Xulio Lorenzo ou María de Faltriqueira deciden retomalo durante o vran de 2021 e gravar un concerto documental que se estrena no Culturgal e presentan no Festival dos Eidos de outono. Un proxecto que pretende dar unha visión cosmopolita e actualizada da tradición e a raíz galega, incluíndo clásicos como “Unha noite na eira” ou “Cain as follas”, somerxéndonos no soul, hiphop, góspel e reggae.

Wöyza compaxina á súa carreira musical coa docencia, impartindo numerosos talleres de songwritting e canto. É vocal-coach dende hai máis de 10 años e produtora vocal dunha gran canteira de artistas. Formouse co método Estill voice entre outros, e desenvolveu o seu propio método co que axuda a outros artistas a potenciar o seu talento. Actualmente é estudante de Psicoloxía e adica tempo a desenvolver proxectos con fins solidarios.

Premios Martín Códax Mellor artista de hiphop e músicas urbanas en 2014, 2019 e 2021. Premio Maketón 40 Principales a Mejor álbum en 2015 con “Si/No”.

José Piñeiro

cogamagalicia.blogspot.com/2013/04/conocenos-mejor.html

José PiñeiroJosé Piñeiro é activista e defensor dos dereitos das persoas maiores. Presidente da Confederación Galega de Formación das Persoas Maiores (COGAMA). Presidente da Asociación de Persoas Maiores de Vigo (ASOGAPEN). Vogal na Confederación Nacional de Persoas Maiores (CONJUPES).

José emigrou en 1949 dunha Galicia empobrecida ao Montevideo da modernidade e as oportunidades, adicou a súa vida ó mundo do automóbil e regresou a Galicia nos anos 80, onde reanudou a súa actividade nese mesmo sector ata o ano 96, cando se xubila e decide dedicar o seu tiempo libre a viaxar. Así toma contacto cunha asociación de persoas maiores de Vigo e comenza a participar de forma activa na organización. Nun corto período de tempo convírtese no Director de forma altruísta, alí conoce e canaliza as necesidades e carencias que teñen as persoas maiores de formación e actividades de ocio. Impulsando e creando unha puente entre a administración pública e os usuarios, atendendo ós máis desfavorecidos e vulnerables (loitando para que os pensionistas que teñen as pensións máis baixas accedan ás residencias públicas, mellorando ás condicións do IMSERSO, buscando solucións ós problemas derivados da desatención e daquelas persoas que están máis soas.

Ós seus 95 anos é un exemplo de que o compromiso, a paixón e a motivación non dependen da idade, senón das ganas de vivir.

Alba María

artistas.folque.com/alba-maria

Alba María(Las Palmas de Gran Canaria, 1995) é cantora, improvisadora oral e docente de lingua e literatura galega. Inicia a súa formación musical no CMUS de Vigo, na especialidade de acordeón. Comeza unha carreira como cantautora tras gañar o I Certame de Canción de Autor do Concello de Teo, a raíz do cal ve a luz o seu primeiro disco Aínda (aCentral Folque 2014). Fórmase como cantora na Escola de Música d’aCentral Folque desde 2013, con mestras coma Paulina Ceremuzynska, Ugia Pedreira. En 2017 comeza a traballar n’aCentral Folque como coordinadora da súa escola de música e produtora, arredor de proxectos que mesturan a oralidade coa igualdade de xénero, o traballo social ou patrimonio inmaterial. Colabora co proxecto Regueifesta desde 2014, que tenta potenciar as posibilidades pedagóxicas da regueifa no ensino medio. É unha das impulsoras da Nova Regueifa Feminista, que tenta levar os valores de igualdade de xénero á improvisación oral galega. Como investigadora ten publicado o libro-CD Regueifa en Bergantiños. Celestrino de Leduzo vs Calviño de Tallo (aCentral Folque, 2017), un monográfico arredor deste xénero de improvisación.

Eva Veiga

Eva VeigaEva Veiga (Ombre - Pontedeume, A Coruña, 1961). Traballou a partir do ano 1985 na Televisión de Galicia onde desenvolveu unha polifacética e intensa actividade profesional, especializándose na dirección e presentación de programas culturais. Xunto aos músicos Fito Ares e Bernardo Martínez e o pintor Alfonso Costa forma parte do Grupo Ouriol, co que realiza recitais e espectáculos multidisciplinares dende o ano 2000.

Asemade, como actriz, intervén nos filmes A cicatriz branca e Nación da directora Margarita Ledo. Ten publicados os seguintes libros de poesía: Fuxidíos (Esquío, 1993), Paisaxes do baleiro (Xerais, 1999), A pedra insomne (Ferrol Análisis, 2002), Desconcerto (Biblos, 2006), Poemas do Eume (Ateneo Eumés, 2009), A luz e as súas cicatrices (2006), A frecha azul do Teixo (2010), Nesta hora imposible con fotografías de Mada Carballeira (2012), A distancia do tambor (2014. Premio Fiz Vergara Vilariño e Premio Poesía AELG), Soño e vértice (2016. Premio Poesía Concello de Carral e Premio da Crítica Española 2016) e Silencio percutido (2016. Premio Poesía Cidade de Ourense) e Quérote canto (2020) escrito con Baldo Ramos (Premio Losada Diéguez á creación literaria).

Deteriorados

www.deteriorados.com

DeterioradosDeteriorados & Company é unha banda musical de Country & Blues Heroico do Delta do Morrazo. A punta da lanza comunicativa do proxecto de Innovación Social Interxeracional DETERIORADOS.

A banda está composta por cinco persoas, dúas delas xubiladas, con idades cronolóxicas comprendidas dende os vinte anos ata os setenta. Caracterizados por un estilo moi singular, uns instrumentos pouco convencionais e un repertorio exclusivo, Deteriorados & Company levan a súa mensaxe interxeracional por toda a comunidade galega.

A banda forma parte do proxecto matriz DETERIORADOS, orientado á Innovación Social Interxeracional, que nace co obxectivo de potenciar e alentar o desenvolvemento dun "plan vital" para as persoas máis alá da xubilación, empoderando o envellecemento, actualizando a palabra vello/a e desprendédoa dos perxuízos etarios que habitualmente a acompañan, así como desterrando outras acepcións do tipo: sénior, terceira idade… que non son máis que puros eufemismos. A palabra vella e vello necesita romper cos estereotipos que ten asociados e gritar que existe unha nova xeración de maiores: vellas e vellos hetereoxéneos, sen complexos e cun espíritu vital interxeracional.

Desde o proxecto DETERIORADOS desenvólvense accións e investigacións de innovación social dirixidas á integración interxeracional e a posta en valor dos excedentes de coñecemento dos maiores, potenciando a súa saída do gueto cronolóxico, no que a sociedade os soe aparcar, para así poderen transmitir a mozos e mozas a súa experiencia e coñecemento e recibir deles a súa ousadía e vitalidade, de igual a igual e desde unha relación interxeracional plena.