Privilegios

La Voz de Galicia – 8 de Septiembre, 2017 →

Cristina PatoEstaba a buscar un artigo dunha das mulleres máis interesantes da cultura do activismo nos EE. UU.: a profesora, escritora e feminista Peggy McIntosh. A busca era na rede, e para variar, intentando atopalo, enredeime nunha silva e aterrei no documental de Mary Dore She’s Beautiful When She’s Angry, unha fermosa lección sobre a historia do feminismo nos EE. UU. a través das mulleres que procuraron o cambio de perspectiva e promoveron un xiro na historia da igualdade de dereitos e a diversidade.

Despois das dúas horas de documental e unha triste reflexión sobre o pouco que cambiaron as cousas en cincuenta anos, volvín á miña intención inicial: atopar a versión orixinal do artigo publicado a finais dos oitenta White Privilege and Male Privilege, no que McIntosh falaba da invisible e inconsciente opresión dos privilexiados, e co que se converteu nunha icona do activismo por usar a idea do privilexio como o factor principal para entender a desigualdade de xénero, clase e etnia. Un incrible exercicio de introspección que deu pé a unha infinidade de proxectos dedicados a fomentar a igualdade e a diversidade na educación (The National SEED Project).

O caso é que ao ver e ler as dúas cousas no mesmo día, as heroínas protagonistas do documental que se cruzou polo camiño convertéronse de súpeto en privilexiadas, pois segundo a teoría de McIntosh, a meirande parte delas eran brancas e universitarias nos anos 50. E entón entendín a idea de que, no fondo e sen decatarnos, todos somos opresores ou privilexiados no noso contorno, e por iso actuamos de xeito errático cando non somos capaces de entender que os privilexios invisibles son incluso máis poderosos e destrutivos que os visibles.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.