La gratitud

La Voz de Galicia – 22 de diciembre, 2023 →

Cristina PatoHoxe, na noite máis longa do ano, ás catro e vinte e sete da mañá, entrou o inverno. E non sei se é polo solsticio ou porque xa están aquí as festas do Nadal que unha sinte unha curiosa mestura de alegría, emoción e tristura, todo á vez, todo xunto. É desas sensacións imposibles de definir que fan que unha se pregunte infinidade de cousas, que non pare de matinar sobre o sentido da súa vida, ou sobre o destino da sociedade, especialmente nestes tempos tan complexos.

Cadaquén vive estas festas que están a piques de comezar do xeito que pode. Cada un ten as súas circunstancias, a súa realidade. Pero hai algo peculiar nesa sensación de tristura que aparece ás veces nos momentos nos que unha sabe que ten que sentir alegría. Ese algo fai que cando esa alegría non chega, unha se sinta culpable por non ser capaz de atopala. E entón comeza esoutra espiral de pensamentos da que sei que teño que facer o esforzo de saír antes de perderme nela. Así que nun intento de comezar o inverno co pé dereito, nun intento de atopar luz na máis longa das noites, decidín sentarme a escribir as cousas polas que me sinto agradecida este ano. E hei de confesar que son máis das que pensaba, e que mentres as escribía, ían aparecendo eses momentos de alegría que non atopei noutros momentos do día. E ao rematar esa lista decidín comezar outra: a das grazas que teño que dar eu por todas esas cousas polas que me sinto agradecida.

Ás veces esquecemos que a gratitude é un sentimento fundamental nas nosas vidas, e esquecemos dar as grazas (aínda que sexa cun aceno) a aqueles que cun sorriso ou un pequeno xesto cambian o rumbo do noso día. Esquecemos que a gratitude trae alegría.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.