Salud, mental

La Voz de Galicia – 10 de octubre, 2019 →

Cristina PatoConmovérame moito o caso de Andreas Fernández González, a xove asturiana que hai un par de anos falecera atada a unha cama na unidade de psiquiatría do Hospital Universitario Central de Asturias. Andreas chegara a urxencias cun episodio de febre, amigdalite e alucinacións auditivas, e rematou en psiquiatría atada a unha cama durante 75 horas, para logo descubrir, post mortem, que o que tiña realmente era unha meninxite.

A súa irmá Aitana, que decidiu denunciar aos sete médicos que a trataron, falaba de que non fixeran as suficientes probas para comprobar se o que tiña Andreas era de orixe orgánica, e tomaron a decisión de ingresala en psiquiatría, probablemente polos seus antecedentes familiares. Pois un dos informes médicos das súas visitas durante eses días poñía: «Nai con esquizofrenia, pai con depresión maior». Aitana segue a loitar por facer xustiza á morte da súa irmá.

O caso de Andreas conmovérame por moitas razóns. Lembrei á miña nai hai trinta anos, cando a unha das miñas irmás non lle baixaba a febre e estaba a delirar. Lembrei como a mandaran para casa varias veces, e como, xa desesperada, levouna a rastro ao noso doctor Gallego, o «médico dos pobres» de Ourense, que lle dixo: «Volve a urxencias, dilles que ten meninxite, e non saias de alí». Tamén lembro acotío como é a calidade da escoita cara outra das miñas irmás; e como o seu historial psiquiátrico é o único prisma que utilizan para escoitala.

Pero falar de saúde mental é falar de saúde. Loitar por sacarlle o estigma e normalizala para poder avanzar xustamente cara a diversidade é tan importante coma loitar contra as neglixencias que seguen a pasar acotío a tódolos niveis da sociedade.

1 Comment

  1. Hello, Cristina thank you for being La Voz. For those who are in need of proper mental health diadnosis. Several friends have been misdiagnosed only to find out 1 had ADHD / Bipolar and the other had Meningitis. That doesn’t mean they are mentally ill. Dr.s need to properly diagnose in the first place. You are the Heroine to stand for those unfairly treated or diagnosed. Thank you for all you do. God Speed.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.