Música, escritora, educadora e produtora, Cristina Pato foi aclamada como “unha virtuosa explosión de enerxía” por The New York Times. Despois de 25 anos de experiencia coma música profesional, percorrendo o mundo coa gaita galega e o piano, Cristina agora canaliza a súa creatividade a través da escrita, a produción e a docencia, centrándose no papel das artes na sociedade. Bio completa
Na súa carreira como educadora, Cristina desenvolveu o seu propio camiño para utilizar as artes coma ponte de colaboración entre as humanidades e as ciencias en institucións académicas. Desde o 2012, traballou con diferentes universidades desenvolvendo proxectos que fomentan a colaboración entre departamentos e disciplinas. En 2016 comezou unha colaboración continuada coa Universidade de California, Santa Barbara coa súa clase: “Memory: An Interdisciplinary Exploration”, cocreada e coimpartida por Cristina Pato, e os profesores Kenneth S. Kosik (Neurociencia), Kim Yasuda (Arte Espacial) e Mary Hancock (Antropoloxía), servindo como Arnhold Distinguished Visiting Professor. En 2017 foi nomeada Blodgett Distinguished Artist in Residence na Universidade de Harvard (colaborando con Kay Shelemay e Michael Uy no Departamento de Música) e no curso 2019-2020 ocupou a Cátedra de Cultura e Civilización Española no King Juan Carlos Center da Universidade de Nova York (NYU). Desde o ano 2021 Cristina colabora coa música e pediatra Lisa M. Wong na iniciativa interdisciplinaria da Universidade de Harvard Mind Brain Behavior, cocreando e coimpartindo o seminario “Creativity at the Edge: Health, Music and Community”.
Cristina colaborou co Silkroad Project, a organización fundada polo violonchelista Yo-Yo Ma, desde o ano 2006. Co Silkroad Ensemble (2006-2020) participou en xiras por China, Corea do Sur, Australia, Emiratos Árabes, Nova Zelandia, Europa e os EUA, actuando en escenarios tan icónicos coma o Carnegie Hall, o Hollywood Bowl ou o Gran Teatro Nacional de China. Con Silkroad traballou tamén como Asesora de Educación (2014-2019) colaborando na planificación de residencias e actividades educativas, entre elas a colaboración multianual coa Universidade de Harvard, participando ademais coma profesora no “The Arts and Passion-Driven Learning Summer Institute” para artistas e educadores, deseñado en colaboración coa Escola de Educación de Harvard.
En 2016 comezou unha colaboración continuada coa Universidade de California, Santa Barbara como a Arnhold Distinguished Artist in Residence coa súa clase: “Memory: An Interdisciplinary Exploration” cocreada e coimpartida por Cristina Pato, e os profesores Kenneth S. Kosik (neurociencia), Kim Yasuda (arte espacial) e Mary Hancock (antropoloxía).
No ano 2021 Cristina colaborou coa profesora Lisa Wong na iniciativa interdisciplinaria da Universidade de Harvard: Mind Brain Behavior cocreando e coimpartindo a clase “Creativity at the Edge: Health, Music and Community”. Con Silkroad traballou tamén como Asesora de Educación (2014-2019) colaborando na planificación de residencias e actividades educativas, entre elas a colaboración multianual coa Universidade de Harvard, participando ademais coma profesora no The Arts and Passion-Driven Learning Summer Institute para artistas e educadores, deseñado en colaboración coa Escola de Educación de Harvard.
Como produtora independente, Cristina está especializada en eventos e proxectos centrados na intersección entre arte e sociedade, incluíndo a iniciativa ESENCIAIS 20/50 (en colaboración con Xaime Fandiño e CUNDE), o Festival Galician Connection, ou dous días de cultura en acción para o proxecto global The Bach Project de Yo-Yo Ma.
Durante o curso 2019-2020 ocupou a Cátedra de Cultura e Civilización Española no King Juan Carlos Center da Universidade de Nova York (NYU).