Recentemente de volta da fermosa illa de Tavolara fronte ás costas de Sardeña, onde acudiu ao Festival del Cinema di Tavolara para a presentación do documental de Morgan Neville The Music of Strangers: Yo-Yo Ma and The Silk Road Ensemble, Cristina está agora quentando motores para a Xira de Verán do Silkroad que levará ao ensemble a dez cidades dos EEUU, dende o 7 de agosto ao 21 de agosto.
Aquí vai un pequeno video, para ir abrindo boca: