Xira de Primavera de Cristina

primal_instincts

Trala exitosa xira co Silk Road Ensemble con Yo-Yo Ma (podes ler a crítica do Chicago Tribune aquí, e a do Boston Classical Review aquí), Cristina parte de novo de xira de primavera polos Estados Unidos, que a levarán a ela e a súa banda a Washington DC, Frostburg, Sonoma, Santa Barbara e San Antonio.

Cristina unirase tamén á Chicago Sinfonietta para presentar o concerto Primal Instincts con actuacións en Napeville e Chicago. O programa inclúe a obra de Emilio Solla A Galician Voyage: Concerto for Bagpipes, Piano & Orchestra, encargado por Cristina para o seu Gaita and Orchestra Commissioning Project.

En abril, Cristina dirixirase á Habana, Cuba para participar no festival “La Huella de España”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.