Antes de meterse de cheo na temporada de outono, Cristina despediuse do verán verano na illa de de Tenerife participando na celebración do 50 Aniversario de Los Sabandeños, co célebre timplista Benito Cabrera.
Cristina continúa presentado a estrea de The Music of Strangers: Yo-Yo Ma & The Silk Road Ensemble por todo o mundo, esta vez asistindo ao Gilde Filmpreis 2016 en Leipzig, Alemania, entre o 21 e o 23 de setembro, antes de regresar aos EEUU onde actuará con Lil Buck en Santa Barbara, California (25 de outubro).
Cristina ten tamén varias actuacións co seu Cuarteto programadas para novembro, incluíndo Wolftrap (11 de novembro) → e o Staller Center (12 de novembro) →. Non as perdas se andas preto e, para abrir boca, bota unha ollada a este vídeo do Cuarteto actuando en directo →.
E falando do Silkroad, as datas para a súa vindeira Xira Asiática xa están anunciadas. Aquí está a listaxe
- 14 de novembro, 2016: Qingdao, China
- 16 de novembro, 2016: Beijing, China
- 18 de novembro, 2016: Seoul, Korea
- 20 de novembro, 2016: Taipei, Taiwan
Os compromisos educativos de Cristina para este outono inclúen residencias na Universidade de Santa Clara, a Universidade de California Santa Barbara, así como na Universidade de Harvard.