Cristina Pato foi seleccionada como unha das tres finalistas do XVII Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego que impulsa Afundación, a obra social de Abanca, polo seu artigo Realidades paralelas publicado en La Voz de Galicia o 3 de maio de 2019. Trala deliberación do xurado, presidido polo director da Real Academia Galega Víctor Freixanes, e formado por Carlos Valle, Fina Casalderrey, Gloria Rodríguez e Inma López Silva, fíxose pública a resolución o xoves 15 de outubro pola que se dan a coñecer os artigos finalistas, unha terna na que Míriam Ferradáns, con Aprender a contar, publicado en Sermos Galiza, e Diego Giráldez, con A cardiopatía de Xulia, de Praza Pública, acompañan a Cristina Pato.
O gañador do premio darase a coñecer no mes de novembro.
A columna de Cristina para La Voz de Galicia, que leva por título A Arte da Inquedanza, sae todos os venres na contraportada da edición impresa do xornal, e online aquí →.