Cristina foi invitada pola profesora Lisa Wong a colaborar coa iniciativa interdisciplinaria da Universidade de Harvard: Mind, Brain, Behavior (Mente, cerebro e comportamento). Durante este semestre Cristina impartirá unha clase semanal en colaboración con Lisa Wong nun seminario chamado “Creativity at the Edge: Health, Music and Community” que pretende explorar a creatividade na intersección que se crea entre as ciencias, as artes e as humanidades, e en especial a relación entre música, saúde e comunidade.
Durante este semestre Cristina tamén participará nas clases dos profesores Michael Uy (departamento de música) e James P. Honan (departamento de educación) da mesma universidade.