A residencia de marzo de 2017 do Silkroad en Harvard, que incluía charlas, espectáculos e obradoiros con Yo-Yo Ma, coma a conferencia Louis C. Elon das imaxes de enriba, culminou cun concerto do Silk Road Ensemble no Sanders Theatre de Harvard cuxo programa incluía a peza de Cristina My Lethe Story. Dita peza, inspirada na perda de memoria da nai da propia Cristina, explora o papel que a música, e as artes en xeral, xogan na curación. Podes escoitar a Cristina e a Lisa Wong, co-directora da Iniciativa de Artes e Humanidades na Harvard Medical School, reflexionar sobre o tema aquí →
My Lethe Story tamén estará incluida na próxima actuación que Cristina ofrecerá xunto con músicos da Universidade de California Santa Barbara, nun evento que combina música e debate, e que leva por título The Arts of Memory: Music Meets Neuroscience.