Cristina está de xira co seu Trío Galego, con Roberto Comesaña no acordeón e Miguel Cabana na percusión. O 20 de xullo, o Trío invitou ao mestre da gaita galega Suso Vaamonde e á Banda Municipal de Gaitas de Outes, Coruña a unirse a eles nun fermoso serán de música tradicional e non tradicional. Despois, coma cada ano durante os últimos 20 anos, Cristina celebrou o Día Nacional de Galicia o 25 de Xullo actuando en directo no programa especial da TVG do Día de Santiago, onde tamén se lle uniu a cantante Rosa Cedrón nunha fermosísima interpretación da canción Negro Caravel, do album Muller do seu proxecto conxunto Soas.
A próxima parada do Trío, Ribeira o 2 de agosto.
E no que constitúe un recoñecemento máis á súa carreira, a prestixiosa cadea NPR escolleu o traballo de Cristina para a súa lista das 200 mulleres cuxa principal contribución musical produciuse despois do 1 de xaneiro de 2000, e que teñen cambiado actitudes, desafiado categorías e expandido o seu son en novas direccións dende entón. ¡No poderiamos estar máis felices por este recoñecemento!