Cristina Pato ocupará a Cátedra Juan Carlos I de Cultura e Civilización Española o curso 2019-2020 na NYU

O King Juan Carlos I Center da NYU ven de anunciar que Cristina Pato ocupará no vindeiro curso académico 2019-2020 a Cátedra Juan Carlos I de Cultura e Civilización Española na New York University (NYU), unha das máis destacadas universidades dos Estados Unidos. Cristina organizará e presentará unha serie de conferencias e eventos públicos na tempada de outono de 2019, combinados cunha clase multidisciplinar sobre as músicas invisibles do norte de España (The Invisible Music of Northern Spain), na primavera de 2020.

A Cátedra Juan Carlos I de Cultura e Civilización Española foi creada en 1983 e dende entón ten incorporado á NYU eminentes persoeiros especialistas na historia, política, economía ou cultura de España, que desenvolven un programa académico ao longo dun ano sobre diferentes materias arredor da cultura española, e levan a cabo o seu propio traballo de investigación. Cristina Pato é o primeiro persoeiro do ámbito da música en ocupar a cátedra Juan Carlos I.

Máis información na páxina do King Juan Carlos I Center da NYU

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.