O mes de xullo levou a Cristina á casa de Rosalía de Castro, para o festival Abride A Fiestra, organizado pola Fundación Rosalía de Castro. Entre outras actuacións e actividades, Cristina deu un concerto a dúo co seu compañeiro musical por 10 anos, o talentoso acordionista Roberto Comesaña. Tamén actuou con Ugia Pedreira, acompañándoa ao vello piano de Rosalía: pódelo ver neste vídeo.
Seguidamente, como xa é tradición, Cristina celebrará o 25 de xullo o Día Nacional de Galicia actuando en directo na emisión especial da TVG do Día de Santiago.
Despois, Cristina volve á Universidade de California Santa Barbara, onde impartirá o seu curso de verán sobre Memoria na Universidade de California Santa Barbara, en colaboración co profesor Kenneth S. Kosik (neurociencia) e Kim Yasuda (artes). A relación de Cristina coa UCSB está profundamente conectada coa Arnhold Teaching and Learning Initiative. Dirixida por Cristina Pato, esta iniciativa adopta un enfoque de aprendizaxe multidimensional e creativo, que involucra aos alumnos na aplicación de métodos e perspectivas interdisciplinarias á apredizaxe baseada en proxectos.
Este verán a clase estará centrada entorno á memoria e migración.