Rematando o 2018 e recapitulando!

Featured Video Play Icon

Como este 2018 está xa a piques de rematar (e como unha imaxe vale máis que mil palabras) velaí vai un pequeno video que fixemos co máis destacado desta pasada tempada…

Derradeiras Paradas do Ano

As derradeiras paradas do ano de Cristina foron unha mestura de docencia e actuacións. A comezos de decembro Cristina deu a súa conferencia “Transcendendo Disciplinas: O Artista Sostible do Século XXI” no Pratt Institute Manhattan invitada polo Arts & Cultural Management Program. Tamén visitou a comunidade galega en Newark, NJ, para actuar, dar unhas charlas e bailar no Club España e no Club Orensano, dous dos centros culturais galegos que manteñen as tradicións vivas nos Estados Unidos.

De Camiño para 2019

Nos próximos meses Cristina estará de xira por Canada e os EUA co seu Cristina Pato US Quartet e Australia e Nova Zelandia co Silkroad. O seu proxecto Gaita and Orchestra Commissioning Project traerá tamén boas novas. E Cristina está estusiasmada de volver á Universidade de California, Santa Barbara para unha nova iteración da clase interdisciplinaria sobre Memoria co-creada por Cristina en colaboración coa artista Kim Yasuda o e neurocientífico Kenneth Kosik.

Desexámosvos un marabilloso ano cheo de alegría, saúde e paz! Grazas polo voso continuo apoio!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.