- Fandango: Prueba de Fuego
- Landó: María Landó
- Tanguillo: The High Seas
- Joropo-Festejo: Muiñeira de Chantada
- Currulao: Currulao de Crisis
- Tarantella-Muiñeira: Epilogue
- Llegará, llegará, llegará
- Let’s Festa
- Bonus Track: Tarantella-Muiñeira (without narration)
Cristina Pato: gaita, piano
Victor Prieto: acordeón
Edward Perez: contrabaixo
Eric Doob: batería
MAIO 2015
A primeira vez que Edward Perez (baixo) e mais eu tocamos unha muiñeira, non soaba tradicional galego en absoluto (quizais porque el é de Texas e vivíu uns anos en Perú), pero a min si que me soaba moi familiar… Edward engadiu o patrón do joropo a unha canción galega e con ese cambio sutil, trouxome recordos da forma na que o meu defunto pai, Dositeo Pato, un emigrante galego en Venezuela, adoitaba tocar.
Tras esta experiencia e catro anos mais de xira xuntos, en 2014 engarguei a Edward que escribise a música para una idea narrativa que eu tiña sobre explorar os diferentes xeitos de entender unha mesma palabra a través dun mesmo ritmo. Estaba intrigada polo complexo significado da palabra latina nos Estados Unidos e, a través da música, quería atopar unha forma de entender e explicar esta viaxe.
The Latina 6/8 Suite é o resultado dun proceso de colaboración. Abrindo cun fandango, un ritmo que ten viaxado en ambos sentidos a través do Atlántico, e pechando cunha tarantella tradicional siciliana e unha muiñeira galega incríblemente semellante, a viaxe lévanos a través de fascinantes ritmos latinoamericanos en 6/8. E cada un deles ten detrás unha apaixonante historia de migracións humanas.
Todos temos en común raíces, patrimonio cultural, lingua, maneira de vivir… Pero explorar como un patrón básico de 6/8 ten evolucionado en diferentes países latinos pon de relevo moitos outros temas relacionados co contexto e significado da palabra latina que tamén teñen evolucionado de xeito fascinante: xénero, poder e migracións humanas.
Este album contén tamén música de colaboradores moi achegados a min. “Llegará, llegará, llegará” de Emilio Solla e “Let’s Festa” de Victor Prieto estiran a nosa viaxe a Arxentina e Brasil…
Produción Executiva: Cristina Pato
Produción Artística: Emilio Solla y Cristina Pato
Mecenas: Jody e John Arnhold
“The Latina 6/8 Suite” é unha idea concebida e encargada por Cristina Pato
Arranxos e composicións orixinais por Edward Perez agás pista 7 (por Emilio Solla)
Este album foi feito con moito amor por parte da miña marabillosa banda e colaboradores, e o incríblemente xeneroso apoio de 104 amigos de Kickstarter. Incluindo os mecenas Jody e John Arnhold. Ver o proxecto de Kickstarter →