- Meu Cabalo
- Mens
- Asubíasme de Lonxe
- Erbecedo
- Grao a Grao
- Alalá Tristina
- Ruada Macabra
- Cardadores
Cristina Pato: gaita, voz
Davide Salvado: voz, percusións
Anxo Pintos: zanfona
Roberto Comesaña: acordeón
Rústica naceu como unha carta de amor en galego para celebrar os meus quince anos de carreira en solitario, e acabou sendo un regalo de tres músicos aos que admiro e que me emocionan profundamente. Naceu coa idea de facer algo sinxelo, que falase por sí mesmo, sen máis pretensión que explorar repertorio que eu non tiña explorado antes, e coa visión que teño hoxe.
Había xa moito tempo que lle seguía os pasos. Namorei da súa voz no primeiro momento que a escoitei, quizáis porque o seu xeito de cantar me leva a Galicia directamente, sen filtros; ou porque é capaz de transmitir emoción pura e séculos de vida nun só suspiro. O caso é que despois de moito matinar, un día, de súpeto, encontreime con el polas rúas de Ourense… e para mín, muller galega, supersticiosa e cunha confianza inusual na intuición, eso foi un sinal.
Así comenzamos a falar Davide Salvado e máis eu. Cunha especie de admiración mutua descobremos que as nosas enerxías vibraban a unha frecuencia infinita e que uníndoas poderíamos desfrutar de xeito especial. Davide é un cancioneiro vivo.
O caso de Anxo é diferente. Durante máis de quince anos coincidimos en infinidade de escenarios, pero a verdade é que non tiven o pracer de coñecer a Anxo Pintos até que a primeira edición do festival Galician Connection e unha posterior xira pola India nos uniu. Unha calidade humana das que xa non quedan. Nobreza en estado puro. Cariño e un infinito cerebro creativo forman a este ser cheo de empatía e capaz de ser colaborador, acompañante, líder e amable, sobre todo incríblemente amable e xeneroso. Unha fonte de ideas.
E da miña crise anterior, nace a miña relación con Roberto Comesaña. Colaborador fiel, xoven, honesto, valente e franco co que teño a sorte e a honra de contar dende o ano 2010. Gracias a Roberto re-namoreime do acordeón e das súas posibilidades, e a súa evolución nestes catro anos lévame a pensar qué este é tan só o inicio dun camiño fascinante. Roberto contén equilibrio, saber facer, creatividade, disciplina férrea, autocrítica, curiosidade, xenerosidade e flexibilidade… qué máis se pode pedir.
Anxo, Davide, Roberto e máis eu non nos coñecemos tanto, de feito só nos encontramos unha vez os catro antes de entrar ao estudio. Foi na casa de Davide, explorabamos o repertorio mentres Davide cociñaba un arroz con bacalhao. E nun lugar encantado no medio da nada comemos, e Xan plasmou o momento, e un día de comunión nos chegou para ver que se confiabamos uns nos outros poderiamos facer algo especial.
Creamos unha zona segura nos estudios de Plantasónica e realmente creamos o disco alí; entre os catro. Con moito cariño e con esa especie de respeto mutuo que só se teñen as parellas que se acaban de coñecer. Para mín foi un momento máxico. Unha experiencia única que traslada directamente a emoción colectiva e irrepetible que vivimos os catro gravando á vez, improvisando xuntos, probando ideas macabras, e experimentando sons. O proceso trouxo o contido. Nunca fixera un disco así.
Gracias Anxo, Davide e Roberto por tanto cariño e tanta xenerosidade. Gracias por tanta humanidade.
RÚSTICA é unha carta de amor: Ao incríble patrimonio cultural de Galicia. Ao incríble talento dos artistas galegos. Ás relacións humanas. Á amizade. Á emoción. Á confianza.
Produción Ejecutiva:
Cristina Pato & Carlos Barandela
Produtor Artístico:
Anxo Pintos
“The project highlights the inner workings of this small ensemble, and the result is decidedly not the over-produced product of a world music superstar. Cristina Pato’s incredible gaita playing does not overwhelm the musicians, and the performances on Rústica are so pure that Pato does not emerge as a leader as much as an integral part of a quartet speaking with one mind.”
Cita da reseña de Rootsworld →