O xoves 5 de decembro, Cristina acolle a cuarta conferencia pública como catedrática Juan Carlos I de Cultura e Civilización Española na NYU: Bilingual Societies and Sustainability: Spain’s other languages.
Esta mesa redonda e recital de poesía centraráse na idea da sostibilidade cultural a través da experiencia de tres grandes editores de literatura galega, catalá e vasca. Francisco Castro, escritor e director da Editorial Galaxia (Galicia), Rosa Rey, directora de Angle Editorial and Capital Books (Catalunya) e Lorea Agirre, directora de Jakin Magazine (País Vasco), compartirán as súas experiencias de supervivencia e resistencia nun país con catro linguas oficiais (España). Esta conversa pretende achegar unha perspectiva diferente sobre as outras linguas españolas, e combinará música e poesía en galego, éuscaro e catalán.
O evento, coma sempre, é de balde e aberto ao público, e celébrase no Auditorio do KJCC.