Cristina Pato no Festival Internacional de Danza de Vail

Cristina Pato & Lil Buck in "Street Scenes"
Cristina Pato & Lil Buck en “Street Scenes”
Na que é a súa cuarta participación no Festival Internacional de Danza de Vail en Colorado, EE.UU., Cristina interpretou un concerto para piano de Mozart para unha das mellores bailarinas de todos os tempos, a xa retirada prima ballerina assoluta italiana Alessandra Ferri e o artista en residencia do festival Herman Cornejo.

Colaborando estreitamente con Damian Woetzel, Cristina participou na estrea mundial da nova obra Street Scenes, co-composta por ela mesma e por Xan Padrón para a ocasión, e que proporcionou a banda sonora perfecta para que Lil Buck, King Charles (ambos bailaríns de Madonna), Stringz e Prime Tyme mostrasen as súas incríbles habilidades dancísticas, coreografiados por Damian Woetzel (ver o video embaixo).

Segúndo a reseña do New York Times “a audiencia estaba magníficamente receptiva a todo tipo de danza. “Street Scenes” combinou enxeñosamente os diversos talentos de Lil Buck e Prime Tyme (Memphis jookin), King Charles (Chicago footwork), y Stringz (Detroit jit). Aquí coma sempre, Lil Buck semellaba o mesmo espírito da danza.”

Podes ver máis fotos do Festival aquí →.

Cristina atópase agora no instituto de verán The Arts and Passion Driven Learning Summer Institute na Universidad de Harvard, actuando como profesora do The Silk Road Project.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.