Polo menos podo seguir escribindo as miñas columnas para La Voz de Galicia, e eso axúdame a ter esperanza e a sensación de poder facer algo. Velaí vos leo un par de parágrafos (transcrita abaixo co enlace á columna completa)
“Hoxe entrou a primavera, e non deberiamos esquecer a forza que ten a natureza para reverdecer, florecer e recuperarse. Se perdemos a esperanza, perderémolo todo, e hoxe é un bo día para lembrarnos a nós mesmos que, pase o que pase, sempre haberá unha árbore florecendo, unha flor buscando o sol ou un paxariño cantaruxeiro alegrándonos o día. Quizais non o vexamos desde a nosa xanela, pero podemos escoitalo ou incluso imaxinalo, e se cadra con iso chéganos para lembrar que isto, coma todo, tamén pasará.
(…)
“Cun verso de Luz Pozo Garza, hoxe, máis ca nunca, tentemos non perder a esperanza e miremos ao noso redor, aínda que sexa para imaxinar as flores daquel xardín do que algún día coidaremos: «Agora que regresa a primavera»
Podes ler a columna completa aquí, e tódalas miñas columnas para La Voz de Galicia (en Galego e en Inglés) aquí.
E LEMBRA: que tódolos concertos e eventos públicos están cancelados pola pandemia…