Noticias de outono

Este outono Cristina participa como ponente no III Congreso Internacional Arte e Educación organizado polo grupo de investigación Arte-Facto da Universidade da Coruña. O congreso, dirixido por José María Mesías Lema, ten lugar na sede da Fundación Luís Seoane da Coruña e conta coa conferencia de Cristina “Entremedias: interseccións e sustentabilidade cultural“. Cristina tamén estará presente con esa ponencia no IV North American Symposium of Galician Studies (Simposio Norteamericano de Estudos Galegos), organizado pola Texas Tech University en colaboración co Consello da Cultura Galega.

Este outono Cristina volve ao KJCC da New York University (NYU), onde traballou no ano 2019-2020, para colaborar nunha conversa coa acordeonista vasca Lore Amenábar Larrañaga, na que falarán de música e identidade cultural.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.