Novas de verán

A Editorial Galaxia publicou un relato de ficción, escrito por Cristina, no seu novo lanzamento literario, chamado O libro do fútbol. A achega de Cristina, Crónicas de Minucias, é una historia que se desenvolve nunha futura realidade distópica e que se centra nos “ismos” relacionados coa corrección política e o fútbol. 

En xuño, Cristina participou na Feira do Libro de Ourense, escribindo o pregón inaugural, centrado no papel da literatura desenvolvemento personal e na sociedade, e presentando o libro da escritora Inma López Silva Escola de mulleres. 

Durante o mes de xullo, Cristina volve colaborar coa músico e pediatra Dra. Lisa M. Wong como co-creadora e co-líder do seminario de verán da iniciativa Mind Brain Behavior da Universidade de Harvard, un seminario inspirado na relación entre medicina, música e comunidade (Creativity at the Edge: Health, Music and Community). 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.