Novas de verán

Este verán Cristina presentará a súa novela en Vigo (27 de xuño, Libraría Librouro) e Santiago (28 de xuño, Libraría Couceiro) co escritor e director xeral da Editorial Galaxia Francisco Castro, na Coruña (29 de xuño, Libraría Berbiriana) coa escritora Inma López Silva, e Lugo (30 de xuño, O vello cárcere). Ademáis participará en varias feiras do libro de Galicia asinando copias de No día do seu enterro (Vigo, Coruña, Pontevedra).

En xullo Cristina estará de novo coa pediatra e música Lisa M. Wong para co impartir o seu seminario colaborativo “Creativity at the Edge: Health, Music and Community” dentro da iniciativa interdisciplinaria da Universidade de Harvard: Mind Brain Behavior.

E o 30 de xullo Cristina xuntarase coa directora de orquestra Marin Alsop e a Chicago Symphony Orchestra, no Festival de Ravinia, interpretando a obra de Osvaldo GolijovRose of the Winds”, co kamancheh de Kayhan Kalhor, o clarinete klezmer David Krakauer e o hiper-acordeón de Michael Ward-Bergeman. → Máis información

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.