ESENCIAIS 20/50: Arte, sociedade, idade e estereotipos

Laboratorio de creación e pensamento

Esenciais 20/50 é unha iniciativa de Cristina Pato e Xaime Fandiño en colaboración con Cunde e a Oficina Galega de Outros Asuntos do Movemento.

Esenciais 20/50 nace coma unha resposta cultural ao fenómeno do idadismo, un termo acuñado polo xerontólogo norteamericano Robert N. Butler que o definía coma “a discriminación sistemática contra as persoas pola súa idade”, unha discriminación a nivel social e institucional, que se manifestou con máis forza que nunca durante a pandemia do coronavirus.

Esenciais 20/50 é un laboratorio de creación e pensamento no que, a través das artes e a sociedade, reflexionaremos sobre os estereotipos relacionados coa idade, ao mesmo tempo que aprenderemos sobre os diferentes xeitos de envellecer.

Esenciais 20/50 presenta un evento de contido artístico-social, en forma de mostra escénica en colaboración cun equipo de artistas que inclúen a Marina Oural e Ugia Pedreira (Oficina Galega de Outros Asuntos do Movemento), a poeta Eva Veiga, a improvisadora oral Alba María, a alquimista sonora Chefa Alonso, a cantante e compositora Wöyza, e a banda interxeracional Deteriorados. Os protagonistas desta obra serán as historias de vida e experiencias dun grupo de persoas que están a afrontar o envellecemento de xeitos diferentes.

Esenciais 20/50 nace coa intención de crear un espazo para o diálogo, a reflexión e a creación cun sector da sociedade ao que tanto lle debemos.

Consigue aquí as túas entradas: entradas.ataquilla.com

INFORMACIÓN COMPLETA SOBRE O PROXECTO E OS COLABORADORES

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.